Rescatan a unha muller que caeu nunha zona rochosa na Pobra do Caramiñal

A vítima estaba a practicar sendeirismo no momento en que se produciron os feitos

Unha señora resultou ferida este xoves despois de caer nunha zona rochosa cando practicaba sendeirismo na Pobra do Caramiñal.

A vítima tivo que ser evacuada nunha ambulancia tras ser rescatada nunha padiola polos Bombeiros de Boiro, os Bombeiros de Ribeira e os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Pobra do Caramiñal.

Un particular púxose en contacto cos servizos de urxencia. Tamén participaron no dispositivo efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Boiro e Ribeira, a Policía Local, o 061-Urxencias Sanitarias, a Garda Civil e Protección Civil.