Rescatan a un ciclista tras caerse nunha zona de difícil acceso en Cambre

O ferido, que se mantivo consciente en todo momento, tiña dificultades para moverse

Os servizos de urxencias rescataron na mañá deste luns a un ciclista ferido tras caer nunha zona de difícil acceso.

O accidente ocorreu ao redor das 11:00 horas nun monte preto da presa de Cecebre, en Cambre.

O ferido, que estivo en todo momento consciente, tiña dificultades para moverse, por iso, o persoal do 112 Galicia pediu a colaboración dos membros de Protección Civil e dos bombeiros de Arteixo.

O ferido foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios