Rescatan a un grupo de nenos atrapados nun cantil entre praias en Muros

Estaban situados entre a praia de Esteiro e Monte Louro

Un grupo de nenos tivo que ser rescatado a última hora da tarde deste domingo cando estaba atrapado nun cantil no municipio coruñés de Muros, informa a Axencia Galega de Urxencias.

Os membros do GES de Muros rescataron a un grupo de nenos que quedou atrapado nun cantil entre a praia de Esteiro e Monte Louro, todos os mozos están ilesos aínda que unha menor, de 12 anos, tivo que ser trasladada polos servizos sanitarios.

Foi o tripulante dunha embarcación quen deu aviso e facilitou as coordenadas ao persoal do servizo de urxencias despois de que os mozos lle pediran auxilio sobre as 19.20 horas.

No rescate interveu un equipo de Salvamento Marítimo, os efectivos do GES de Muros e un equipo de Urxencias Médicas, que axudaron aos nenos a saír do cantil.

Comentarios