Rescatan un home que caeu ao mar na Coruña

O home precipitouse á auga na contorna do Monte de San Pedro, nunha zona de cantiis

Un home foi rescatado a última hora da tarde deste venres logo de caer ao mar na Coruña, informou o 112.

O home precipitouse á auga na contorna do Monte de San Pedro, nunha zona de cantiis.


Un particular viu os feitos e contactou co 112 Galicia minutos antes das oito da tarde e explicou que o home non era capaz de saír da auga, a causa do temporal que había na zona neses momentos.

O Centro de Atención ás Urxencias do 112 puxo en marcha un operativo para rescatalo. Estableceuse comunicación con Salvamento Marítimo, co Servizo de Gardacostas de Galicia e con Urxencias Médicas. Os feitos tamén foron postos en coñecemento dos Bombeiros da Coruña, da Policía Local e de Protección Civil.

Salvamento Marítimo decidiu mobilizar o helicóptero Helimer, aínda que finalmente non foi precisa a súa intervención. O home foi rescatado nunha moto acuática, tamén enviada por Salvamento.

Foi evacuado á praia de Riazor e desde alí, trasladado en ambulancia ao hospital.

Comentarios