Rescatan unha moza que sufriu un accidente nunha zona de difícil acceso en Lobios

Ademais, en Ferrol, os servizos de urxencia rescataron a unha persoa ferida na cala de Ribeira de San Cristovo

Unha moza resultou ferida tras sufrir un accidente nunha zona de difícil acceso na localidade ourensá de Entrimo, polo que tivo que ser rescatada polo Grupo de Urxencia Supramunicipal (GES) de Lobios (Ourense). O incidente produciuse na tarde este martes nunha zona próxima ás piscinas de Pazín, en concreto, nunha coñecida como a Poza da Oliña, segundo informou o CAE 112 Galicia. Unha amiga da ferida chamou aos servizos de urxencia alertando de que a moza tiña un pé fracturado. Unha vez localizada, a moza foi trasladada por Urxencias Médicas a un centro hospitalario.

RESCATE EN FERROL. Os servizos de urxencias traballan na tarde deste martes no rescate dunha persoa ferida nunha zona de difícil acceso da cala Ribeira de San Cristovo, en Ferrol. Segundo a información da Central de Atención a Urxencias 112-Galicia, a voz de alarma deuse sobre as 17,30 horas e solicitáronse medios para rescatar a unha persoa ferida nunha zona moi rochosa e de difícil acceso desta cala ferrolá. No operativo participan os Bombeiros de Ferrol, a Garda Civil, a Policía Nacional e Protección Civil por terra, así como persoal sanitario. Por mar opera o servizo de Gardacostas e a Garda Civil.

Comentarios