Seis persoas feridas nunha colisión entre catro turismos en Padrón

O sinistro ocorreu na N-550, á altura da Escravitude

Seis persoas resultaron feridas este martes nunha colisión entre catro turismos no municipio coruñés de Padrón, segundo informa o 112.

O sinistro tivo lugar na estrada nacional 550, á altura da Escravitude, en sentido Pontevedra, minutos antes das 14.00 horas.

Persoal de Urxencias Médicas e o GES de Padrón desprazáronse ao momento para atender aos feridos, que deixaron os turismos de tal xeito que obstaculizaban a circulación, polo que foi avisada a Garda Civil de Tráfico. 

Comentarios