Trasladan ao hospital a unha persoa que envorcou co seu coche na Laracha

O vehículo deu unha volta de campá e o seu ocupante sufriu unha crise nerviosa

Os servizos de urxencias trasladaron ao hospital a unha persoa que envorcou co seu coche este luns na Laracha, segundo informa o 112 Galicia.

Ás 14.30 horas un particular alertou de que se rexistrou un ferido nunha saída de vía na estrada DP-2404, no lugar da Ribeiriña.

O vehículo deu unha volta de campá e a persoa accidentada sufría unha crise nerviosa, polo que foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña nunha intervención da que foron alertados a Garda Civil de Tráfico e os bombeiros de Carballo. 

Comentarios