Trasladan a un operario que caeu desde un tellado en Santa Comba

O accidente rexistrouse ás 9.30 horas no lugar de Bustelo

Os servizos sanitarios trasladaron a un centro médico a un operario que caeu desde un tellado no municipio coruñés de Santa Comba, informa a Axencia Galega de Urxencias a través dun comunicado.

Ás 9.30 horas deste xoves no lugar de Bustelo, en Santa Comba, un traballador precipitouse ao baleiro desde a cuberta dunha casa, do que deu aviso un particular.


Ata o lugar desprazouse un equipo a bordo do helicóptero con base en Santiago, pero finalmente o ferido puido ser trasladado en ambulancia ata un centro médico.

Na intervención colaboraron membros de Protección Civil e da Garda Civil tras ser avisados polo Centro de Atención a Urxencias 112. 

Comentarios