Tres detidos na Coruña cando estaban roubando no interior dunha vivenda

Os axentes sorprenderon os ladróns en plena faena o pasado 18 de outubro

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron a tres persoas cando estaban a roubar no interior dunha vivenda unifamiliar na Coruña, segundo informa a Xefatura Superior de Policía de Galicia.

As detencións producíronse na madrugada do pasado 18 de outubro nas inmediacións do Camiño da Regueira, logo de saltar a alarma. Un familiar dos propietarios explicoulles que a vivenda tiña que estar baleira, pero que, con todo, tiña as luces acesas e o garaxe entreaberto. Á súa chegada, os axentes sorprenderon a dúas persoas, home e muller, saíndo dunha das habitacións. No exterior, localizaron outro mozo.

Na inspección atopáronse varios obxectos apilados xunto á porta de acceso á leira como maquinaria de xardinería. Tamén faltaba diñeiro en efectivo. As tres persoas, dúas delas de 41 e 22 anos e con antecedentes, foron detidas xunto a un mozo de 20 anos como presuntos autores dun delito de roubo con forza.

Comentarios