Tres persoas feridas nun accidente en Curtis

Así mesmo, a colisión entre un coche e unha moto na Laracha deixa outros dous lesionados

Un total de tres persoas resultaron feridas tras colidir dous turismos este domingo na coñecida como recta da Raia, na parroquia de Lourdes, no concello de Curtis.

Unha delas quedou atrapada e tivo que ser liberada polos efectivos do GES.

Tras recibir a alerta ao fío das 17.15 horas, o 112 Galicia solicitou a colaboración dos Bombeiros de Betanzos e Garda Civil de Tráfico.

ACCIDENTE NA Laracha. Por outra banda, dúas persoas resultaron feridas por mor dunha colisión entre un coche e unha moto —tamén na tarde deste domingo— na AC-523, ao seu paso polo lugar de Meirama, na Laracha.

Urxencias Médicas mobilizou, neste caso, o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, ademais dunha ambulancia.

O 112 Galicia, unha vez recibida a alerta pasados uns minutos das 15.00 horas, informou a Tráfico e a Protección Civil de Cerceda e A Laracha, ademais do servizo de limpeza e mantemento da vía.

Comentarios