Tres persoas feridas ao envorcar o vehículo no que viaxaban en Padrón

O accidente produciuse no quilómetro 84 da AP-9, en dirección Santiago

Tres persoas resultaron feridas ao sufrir un accidente na mañá deste domingo na AP-9, ao seu paso por Padrón. O vehículo no que viaxaban envorcou á altura do quilómetro 84, en sentido Santiago.

Unha persoa particular informou do ocorrido ao 112 Galicia ás 8.20 horas. O persoal da central de urxencias do 112 alertou a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Padrón e á Garda Civil de Tráfico.

As tres persoas foron evacuadas a un centro hospitalario.

Comentarios