Tres persoas feridas nunha colisión entre dous vehículos en Frades

Un motorista tamén resultou ferido tras chocar contra un autobús en Porto do Son

Unha colisión entre dous vehículos rexistrada este luns pola tarde en Frades saldouse con tres persoas feridas. O sinistro ocorreu na zona de Vimieiro, na estrada que vai de Abellá a Papucín.

O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente ás 14.45 horas, a través dunha alerta de Urxencias Médicas. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou á Garda Civil de Tráfico.

MOTORISTA FERIDO. Ademais, un motorista resultou ferido este luns despois de que a moto na que circulaba chocase contra un autobús. O accidente produciuse na estrada que conecta Porto do Son con Portosín, á altura do Alto de Olveira.

Urxencias Médicas informou o sinistro ao 112 Galicia ás 18.20 horas. Os efectivos sanitarios indicaron que o motorista permanecía consciente. Desde o CAE 112 alertouse aos Bombeiros de Ribeira, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Comentarios