Un condutor dun autobús resulta ferido tras unha saída de vía na Coruña

Ningún dos pasaxeiros que viaxaban no autocar saíu magoado

Unha saída de vía dun autobús sáldase co seu condutor ferido. Os feitos tiveron lugar na Coruña, na Rolda de Outeiro. Segundo se lle indicou ao 112, aínda que no bus ían varios pasaxeiros, ningún deles sufriu feridas. 

O autobús quedou colgando da entrada dun aparcadoiro, o que obrigou aos efectivos de urxencia mobilizados a estabilizalo. 

Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia ás 6.30 horas deste venres para explicar o ocorrido. Os profesionais do Centro de Atención ás Emerxencias alertaron enseguida a Urxencias Médicas e aos Bombeiros da Coruña. Os feitos tamén foron postos en coñecemento de Protección Civil e da Policía Local.

Comentarios