miércoles. 28.07.2021 |
El tiempo
miércoles. 28.07.2021
El tiempo

Ferida unha persoa nun aparatoso accidente na Autovía do Barbanza

A furgoneta sinistrada deu varias voltas e invadiu o carril contrario

A Autovía do Barbanza rexistrou este martes un aparatoso accidente no que unha furgoneta se saíu da vía e cruzou ao carril contrario dando varias voltas de campá. Nun primeiro momento temíase por se había unha persoa atrapada no interior do vehículo, pero o condutor non sufriu feridas de consideración.

O sinistro rexistrouse pouco antes das 14.00 horas na AG-11, cerca da ponte de Taragoña (Rianxo), á altura de Cespón (Boiro).

Ata a zona desprazáronse Urxencias Médicas, Protección Civil de Rianxo, Bombeiros de Boiro e de Ribeira e Garda Civil de Tráfico. Ademais, deuse aviso ao helicóptero de Urxencias Médicas, aínda que finalmente o servizo foi anulado ao non ser necesario. 

Ferida unha persoa nun aparatoso accidente na Autovía do Barbanza
comentarios