Un home foi detido no municipio coruñés de Cambre como sospeitoso de propinar na madrugada do mércores unha malleira a dous irmáns para roubarlles 1.100 euros, informou a Garda Civil.
Os dous irmáns regresaban ao seu domicilio á madrugada cando foron abordados por dous individuos, un deles aínda sen identificar, que os ameazaron. "Dános todo o diñeiro que levas ou mátote", dixo un deles segundo denunciaron as vítimas á Garda Civil.
Ao negarse a proporcionar diñeiro, os irmáns recibiron unha malleira dos agresores, que arrebataron a carteira a un deles con 1.100 euros en efectivo e fuxiron.
As vítimas, que necesitaron asistencia médica, denunciaron a agresión á Garda Civil, que tras deter a un dos agresores, residente en Cambre, intenta agora localizar ao outro.
Un home detido por propinar unha malleira a dous irmáns e roubarlles 1.100 euros
O ataque tivo lugar na madrugada do mércores, no municipio de Cambre, cando os dous mozos volvían ao seu domicilio