Un incendio calcina unha casa en Vilariño de Conso

Os feitos ocorreron na parroquia de Sabuguido, no lugar de Soutelo

Un incendio declarado este martes nunha vivenda no termo municipal ourensán de Vilariño de Conso provocou danos na estrutura no inmoble e ardeu parte do teito, informou o 112.

Os feitos ocorreron na parroquia de Sabuguido, no lugar de Soutelo. Un particular deu a voz de alarma ao 112 Galicia ás 21:25 horas e sinalou que vía saír lume pola parte superior da casa e que o inmoble se atopaba baleiro.

Enseguida, desde o Centro de Atención ás Urxencias 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Protección Civil da localidade e de Viana do Bolo, Garda Civil e GES da Gudiña. Finalmente, o lume quedou sufocado.

Comentarios