Un traballador ferido en Teo ao caer dun tellado

O home precipitouse desde unha altura duns catro metros

Un operario resultou ferido este martes tras caer do tellado no que estaba a traballar en Teo, segundo informou o 112. A vítima precipitouse desde unha altura duns catro metros.

O sinistro ocorreu no lugar de Vilanova. O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ás 13.00 horas, a través dunha alerta de Urxencias Médicas.

Desde a central de urxencias do 112 alertouse a Protección Civil e á Garda Civil. O operario foi evacuado polos efectivos sanitarios ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. 

Comentarios