Unha persoa ferida ao envorcar o vehículo no que viaxaba na Gudiña

O accidente tivo lugar na autovía A-52

Unha persoa resultou ferida este venres ao envorcar o coche no que viaxaba na Gudiña. A vítima foi trasladada ao hospital de Verín.

O accidente tivo lugar no punto quilométrico 137 da A-52. O 112 recibiu a alerta ás 16.35 e deu o aviso ao 061, á Garda Civil de Tráfico, aos bombeiros de Verín e ao GES da Gudiña.

A causa do accidente, un carril da autovía estivo cortado á circulación ata que o vehículo foi retirado.

Comentarios