Unha vintena de feridos nun accidente de autobús en Toledo

Chocou contra un camión na A4. Dous dos afectados atópanse en estado grave

Máis de vinte persoas resultaron feridas este venres de diversa consideración nun accidente de tráfico no que chocaron un autobús de pasaxeiros e un camión que estaba avariado na beiravía na autovía de Andalucía (A4), a altura do termo municipal de Madridejos (Toledo).

Fontes do servizo de urxencias 112 informaron a Efe de que o accidente ocorreu ás 9.22 horas no quilómetro 111 da A-4 en sentido Andalucía, cando un autobús que cubría a liña Madrid-Sevilla-Huelva chocou contra un camión que estaba avariado e parado na beiravía. 

A consecuencia da colisión, o autobús saíuse da calzada pero non envorcou. 

Como balance provisional, contabilizáronse entre 15 e 20 feridos leves, cinco ou seis con cortes severos e dous graves, un dos cales quedou atrapado e tivo que ser rescatado polos bombeiros. 

Ata o lugar do suceso desprazáronse axentes da Garda Civil e Policía Local de Madridejos, bombeiros de Villacañas, médico de urxencias, helicóptero sanitario, unha UVI, tres ambulancias de soporte vital e unha ambulancia de urxencias.

Comentarios