Fuxen logo de encaixar un coche no acceso dun túnel en Vigo

A Policía tramitou unha nova denuncia contra un usuario dun patinete eléctrico que circulaba pola beirarrúa
Vehículo siniestrado en el acceso.POLICÍA LOCAL DE VIGO
photo_camera Vehículo siniestrado en el acceso.POLICÍA LOCAL DE VIGO

A Policía Local de Vigo busca dous homes que fuxiron á carreira após encaixar o coche no que viaxaban no acceso dun túnel na cidade olívica.

Segundo informaron fontes policiais, un veciño de Martínez Garrido avisou ao 092 após escoitar un forte estrondo pasada a medianoite deste luns. Ao asomarse á xanela da súa vivenda descubriu que un turismo se encaixara contra o lateral esquerdo do túnel de acceso a Martínez Garrido desde Arquitecto Palacios.

A testemuña viu a dous mozos, un deles vestido con chándal e outro con roupa escura, baixándose do coche e dándose á fuga cara á rúa Gregorio Espino.

Os axentes da unidade de Atestados buscan aos dous ocupantes fuxidos, e están a levar a cabo as pertinentes investigacións para coñecer os motivos do accidente.

PATINETE ELÉCTRICO

Por outra banda, na madrugada deste martes, unha dotación de axentes de Policía Local localizou en Martínez Garrido ao condutor dun patinete eléctrico que circulaba pola beirarrúa.

O mozo, veciño da cidade e de 21 anos de idade, circulaba a gran velocidade en sentido Jenaro de la Fuente, e foi denunciado por infracción do regulamento xeral de circulación.