Detido un mozo en Vigo ao tentar agredir sexualmente a unha muller

Os axentes localizaron ao presunto agresor na baixada á praia da Punta e cando procedían a identificalo este respondeu de forma incoherente ás preguntas

A Policía Local de Vigo detivo a un mozo de 20 anos e iniciais  N. R.A. por tentar agredir sexualmente a unha muller de 47 no Club de Remo Virxen da Guía, no barrio de Teis, a plena luz do día, informaron fontes policiais.

O intento de agresión sexual produciuse este martes ás 13.00 horas cando, segundo o relato da vítima, o mozo sentou no banco no que estaba ela e sen mediar palabra baixouse os pantalóns, colleuna do pelo e tentou achegar a súa cabeza aos seus xenitais.

Ela resistiuse e produciuse un forcexo, durante o cal o mozo a tentou tirar por unhas escaleiras e logo fuxiu á carreira, segundo relatou a vítima, que chamou á Policía Local. Os axentes localizaron ao presunto agresor na baixada á praia da Punta e cando procedían a identificalo este respondeu de forma incoherente ás preguntas que lle formulaban.

Tras recoñecelo a denunciante sen dúbida, os axentes procederon á detención de N. R.A.