Grial Parga
Grial Parga
Indiana Jones. EP

Un heroe de aventuras simpar

En maio de 1977 foi a estrea de A guerra das galaxias. George Lucas, que non tiña nada claro se aquilo ía ser un éxito ou a súa tumba, planeou ir coa súa muller a Hawai para afastarse do ruído. Xa o fixera con American Graffiti (1973). Consideraba que o seu traballo rematara. Hoxe sería impensable, pero a finais dos 70, a promoción dunha película -tal e como a coñecemos agora- estaba a iniciar os seus primeiros pasos, e desde logo, non incluía a presenza constante en medios
Dilixencia

O director máis moderno

En 1969, John Ford era xa unha vella gloria. Pasaran cinco anos desde a súa anterior película e sete desde O home que matou a Liberty Valance (1962), o seu último gran éxito. O Novo Hollywood irrompía con forza e as salas enchíanse cun cinema que facía saltar polo aire todo o anterior. Ford era unha reliquia que facía westerns, un xénero en decadencia, polo menos aparentemente.
Ingmar Bergman

Segredos e mentiras

"Aos demos non lles gusta o aire fresco. Prefírenche na cama cos pés fríos". No documental Cinema e vida (Marie Nyreröd, 2004) Ingmar Bergman xustificaba así os seus longos paseos pola Illa de Fårö despois de almorzar. A mediados dos anos sesenta, e en plena crise creativa e existencial, Bergman –entón respectado director de teatro sueco e cunha proxección cinematográfica en ascenso– retirouse a vivir a unha pequena illa do mar Báltico de apenas 400 habitantes.
François Truffaut

François Truffaut, de cinéfilo a cineasta

Antes de empezar a escribir Os 400 golpes (1959), François Truffaut tiña a intención de realizar unha curtametraxe ou un sketch dentro do que sería, se todo ía ben, unha película dedicada á infancia. Non cría estar preparado para escribir un filme, e tampouco estaba seguro de conseguir o financiamento necesario para facer unha película. Viña de ser asistente de Rossellini dous anos e era coñecido como xornalista.
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library

Christopher Lee, o derradeiro parente de Drácula

Ata mediados dos anos cincuenta, o cinema británico apenas producía películas de terror. Desde os primeiros títulos de Universal, nos anos trinta —todos eles adaptando relatos de autores ingleses ou irlandeses—, a censura da British Board of Films creara a cualificación H  —Horror, en inglés— exclusivamente para este xénero, impedindo aos menores de 16 anos que entrasen nun cinema onde se proxectaban Drácula, o monstro de Frankenstein ou a Momia.
Escena de O Padriño. EP

Outra película de gangsters

Un coñecido aforismo do mundo do cinema suxire que o estado natural dunha película é non existir. As dificultades ás que se enfronta un cineasta –independente ou non– para levantar unha película, que implican un número elevado de xente, esforzo e diñeiro, adoitan ser suficientes para que, nalgún momento, caia o proxecto. O Padriño é unha milagre, ademais de por as trabas habituais, porque ninguén quería facela.
Bardem2

A militancia por enriba de todo

A temperá vocación cinéfila de Juan Antonio Bardem poderíase truncar en calquera momento e por moitos motivos: o estalido da Guerra Civil española, a vida itinerante da súa adolescencia, ou o ingreso na Escola de Enxeñeiros Agrónomos en 1943, case ao mesmo tempo en que se afiliou ao Partido Comunista de España, "una de las cosas de las que más orgulloso me siento"
Ava Gardner. EP

Ava Gardner, o mito de Hollywood feito carne

Poucas imaxes representan o Hollywood clásico como a de Ava Gardner vestida de negro, apoiada nun piano e mirando a cámara. Cando a actriz quixo dar forma as súas memorias nun libro, chamou a Peter Evans, columnista e novelista británico que escribira a biografía de Aristóteles Onasis.
Alain Resnais

A incomodidade militante de Alain Resnais

Cando os distribuidores viron a versión final de O ano pasado en Marienbad (1961) de Alain Resnais, asustáronse. Aquilo era imposible de comercializar de ningunha maneira. Resnais, discípulo do teórico André Bazin, convencido de que a súa película exploraba novas posibilidades na linguaxe cinematográfica, empezou a organizar pases privados onde asistían personalidades culturais da época.

Nanni Moretti, o azoute de Berlusconi

En 2002, antes do 15M, de Occupy Wall Street e das protestas que se estenderon polas democracias liberais, a cidadanía italiana saíu á rúa para confrontar ao presidente Silvio Berlusconi. Todo empezou en Milán, como reacción aos ataques de Il Cavaliere á Xustiza. As concentracións estendéronse por toda Italia. Na manifestación de Roma, coa plana maior de Il Olivo –coalición de esquerdas maioritaria–, no escenario, Nanni Moretti tomou a palabra de último e improvisou un discurso no que arremeteu contra os dirixentes presentes sinalándolles co dedo: "Con estes adestradores, terán que pasar dous, tres ou cinco xeracións para que volva gañar o centroesquerda". Acababa de nacer o Girotondismo.

Monty Phyton, a revolución pop da comedia

Na BBC de 1969, todo sketch de comedia debía acabar cun chiste final. Era unha norma non escrita, pero establecida como tradición e código irrompible entre cómico e espectador, para marcar os momentos cumio onde este debía rirse, coller aire e abordar o seguinte sketch coa respiración suficiente.

O gol na propia puerta del franquismo

A intrahistoria de Viridiana (1961) é, en si mesma, un sainete político no contexto dunha dictadura. O regreso de Luis Buñuel (1900-1983) para rodar nunha España franquista, a coprodución múltiple e diversa que a salvou da queima, a censura e as súas suxestións, a estrea en Cannes, a posterior repercusión internacional, e a estrafalaria prohibición e ata negación da súa existencia en España fixeron de Viridiana unha película única nun sentido que vai máis aló do cinematográfico.
J.J. Abrams

As pegadas de Steven Spielberg

Na historia do cinema, é habitual que os autores manteñan unha relación moi próxima aos seus referentes no fondo e na forma para así construír unha filmografía continuista co anterior. A expresión «a ombreiros de xigantes» simboliza ese legado na ciencia e en calquera disciplina artística na que os coetáneos parten do traballo previo de quen xa estivo alí antes, pero quizá esta transmisión faise máis evidente no cinema.
Sean Conery

Un obreiro ao servizo da Súa Maxestade

A mediados de 2010, e nunha das innumerables colas do Caso Malaya, os nomes de Sean Connery e Julián Muñoz apareceron xuntos nas portadas dos xornais. Ata entón, era coñecida a relación que tivera o actor escocés con Marbella, pero chamou a atención que unha estrela do tamaño de Connery e cunha imaxe tan coidada se vise envolto na clásica trama española de ladrillo e recualificación urbanística
A revolución cultural do nunchaku

A revolución cultural do nunchaku

En 1966, Mao Zedong, co apoio do Comité Central, impulsou a Revolución Cultural en China. Era un paso adiante do réxime no seu dominio asiático, e un movemento autoritario que buscaba a confrontación directa tanto cos seus inimigos máis próximos como na Guerra Fría contra Estados Unidos. Mao iniciou un culto á personalidade que asociou aos valores dunha China comunista e a eliminación directa de toda clase de disidencia
Truman Capote

Alta traición

O 28 de novembro de 1966, meses despois de converterse nunha celebridade coa súa novela A sangue frío (1966), o escritor Truman Capote (Nova Orleans, 1924; Los Ángeles, 1984) organizou a festa máis grande xamais imaxinada no Hotel Plaza de Nova York. O White and Black Ball celebrouse coa desculpa de homenaxear a Katherine Graham (a propietaria do Washington Post) pero en realidade era o acontecemento social que Capote sempre quixo protagonizar.

O Demo nos anos 60

No verán de 1969, e coa Guerra de Vietnam aínda entrando nas casas dos norteamericanos a través da televisión, a seita californiana da Familia Manson asasinou a catro persoas no 10050 de Cielo Drive, entre as que estaba a actriz Sharon Tate, embarazada de oito meses.

Os Rosellinis: unha herdanza de conflitos

A historia da familia Rossellini pódese contar de moitas maneiras e, se hai talento, todas elas con vocación novelesca. A primeira licenza poética é chamar familia a unha estirpe diversa, múltiple, fragmentada e atravesada pola fama e a transcendencia desde a súa creación.
David Simon

A televisión nutritiva

No verán deste triste 2020, o vicepresidente do Goberno, Pablo Iglesias, tuiteou nunha das súas habituais recomendacións televisivas un eloxio a A conxura contra América, a última serie para a HBO da parella formada por David Simon e Ed Burns. No tuit, como é de rigor, nomeaba a Simon co seu @ diante, e este, desde a súa casa, viu como o seu teléfono fundía a batería grazas ás mencións e conversacións cruzadas nas que aparecía por culpa dun entusiasta español descoñecido
Mario Puzo

Milagre na Cociña do Inferno

"Poida que Estados Unidos sexa hoxe un país fascista, belicista e racista. Entendo que mereza o odio da súa mocidade revolucionaria. Pero noutro tempo, foi un auténtico milagre!". Mario Puzo falaba con nostalxia. Os seus pais eran analfabetos. Emigraron a Estados Unidos desde Sicilia porque non tiñan nin para comer
Yul Brynner

O cranio máis famoso de Hollywood

Houbo un tempo en que as estrelas de Hollywood eran creacións mitolóxicas, nadas do misterio e da imaxinación de quen as fabricaba. Non era fácil rastrexar as orixes certas ou  fabuladas de ninguén, así que, os que podían, refacían a súa vida, inventaban un pasado ou alimentaban unha lenda. O público preferíao, a industria sacaba petróleo desas historias, a prensa do momento cavilaba sobre os enigmas detrás do mito, e todos contentos.
imgData

As múltiples caídas de Hitchcock

Alfred Hitchcock é, posiblemente, o director de cinema máis estudado, analizado e  biografiado da historia do cinema. El contribuíu a estender a súa marca persoal antes de que tal cousa existise. A súa carreira cambaleouse varias veces, e a mediados dos anos 50 e 60, cando atravesaba o seu mellor momento creativo, a crítica norteamericana e  a europea desprezaban cada estrea.
Martin Scorsese. EP

A fe de Martin Scorsese

Martin Scorsese ía para crego. Estudou no seminario ata os 18 anos e estaba verdadeiramente interesado na salvación da alma. O catolicismo e a súa forma de entender a relixión impregnaron o seu cinema posterior. Sempre dixo que creceu rodeado de curas, mafiosos e películas. Esa foi a masa nai coa que construíu unha das cinematografías máis importantes da historia. Hai 60 anos, Scorsese abandonou o seminario e dedicouse a facer cinema. O pouso católico serviulle para representar as historias dos seus personaxes mentres psicoanalizaba a súa propia.
Federico Fellini

Si non è vero...

A mediados dos anos 80, catro preadolescentes de Lugo cruzaron o vestíbulo do cinema Paz —ou podería ser do Victoria— para ver Amarcord, chamados pola carteleira do xornal El Progreso, seducidos polos fotogramas expostos no exterior da sala ou, talvez, buscando unha transgresión que contar na escola.
passolini-evangelio-segun-san-mateo

As obxeccións do doutor Gubern

Roman Gubern (Barcelona, 1934) é unha das eminencias máis incontestables da historiografía do cinema.  O seu libro Historia do cinema, publicado en 1969, é un clásico imprescindible para todo aquel que queira achegarse á disciplina desde unha perspectiva académica, divulgadora ou simplemente curiosa. Pero a súa obra é extensísima

A desasosegante vida moderna

"O que era o salón de arriba dunha casa unifamiliar a principios de 1900 foi dividido en sala de estar, dormitorio, baño e cociña. O papel pintado está borrado, as alfombras gastadas e o tapizado dos mobles podería estar máis limpo. Hai moitos libros, un tocadiscos, pilas de rexistros, un televisor de 21 polgadas, e colgan das paredes unhas láminas sen enmarcar do Museo de Arte Moderna de Picasso, Braque e Klee"