Jaureguizar / O Cabaret Voltaire
Jaureguizar / O Cabaret Voltaire

Un animal espido que leva un DNI no peto

Teixa é a vaca máis bonita de Galicia.A hexemonía de Lugo na estética gandeira confirmouse nunha edición máis de Eurobovina. Ourense é o corpo do país; pero Lugo, a alma. A televisión pública organiza un concurso de beleza vacuna. Temos os símbolos. Somos, con Italia, o máis parecido a unha nación que hai no concerto internacional.

Taxidermia para a morte dos artistas

O xeito máis eficaz de relaxarse do traballo é ver traballar ao outro. Non, Sartre, o Inferno non é o outro. O Inferno é esforzarse para facer pola vida e facer pola vida para poder esforzarse. Así que, cando dispoño dun día libre, visto unha camiseta pop e bonita, e vou visitar algún amigo artista.
Xosé Ramón Barreiro.EP

Xosé Ramón Barreiro, que saíu fumar

A votación na RAG era determinante. Os académicos levaban unhas horas vociferándose, segundo contaban os traseúntes da rúa coruñesa das Tabernas. Cansos de que os seus argumentos quedaran enganchados nunha roda dialéctica decidiron votar. Apareceu o consenso. Houbo 14 votos a favor, 3 en branco e un ausente: "Xosé Ramón Barreiro, que saíra fumar".

María Antonieta tivo un fillo con escamas

Non se conserva imaxe do fenómeno. Non apareceu unha carta, malia que sabemos que escribiu á familia lonxana de Gales. Non hai unha gravación da súa voz. Todo o que alcanzamos é a memoria de Ribadeo. Aseguran que unha serea actuaba no histórico Cabaret Voltaire, o local penumbroso da rúa de San Roque durante os tempos da República.
El periodista y poeta Daniel Salgado en las escaleras de la redaccion del diario El Pais. Santiago de Compostela. 17/07/2009

Andres Fraga

Unha árbore ante a ventá da cociña

Era noite cando me erguín. O mundo foi lavándose de luz, como no poema de Dani Salgado. Como cada mañá, exprimín o zume de dúas laranxas para O Herdeiro. Era o segundo amencer do mundo dende que cheguei vivir a este edificio, hai 19 anos. No primeiro faltaba de todo na casa, no segundo faltaba a árbore do xardín.

Unha carta que ten un 2 de bastos

Lugo é permeable. A cidade abrazoume en canto cheguei vivir a ela. A xente contestaba aos requerimentos e ofrecía o sal sen pedírllo. A sensación de abandono por non coñecer a ninguén tardou menos en desaparecer que  aprender as rúas de camiño entre o traballo e a casa. Todo fluía, pero so de luns a venres
t

Un anxo morto no ceo da boca

Durante a Marea Negra un voluntario achegouse a Muxía para axudar. Como bo marxista era lido e facía proselitismo. No porto intentou explicarlle a un mariñeiro o concepto de sociedade líquida que viña de coñecer por un libro de Zygmunt Bauman. "Nada ten solidez". Lito de Fina calou. Colleu un coio e lanzouno á auga. Quedou flotando no chapapote.
Alfonso Zarauza. EP

Ai, Sálvora; ai, San Vicente

O tema no que se basea todo o Novo Cinema Galego é a explotación de madeira. Non hai película na que unha árbore non sexa serrada e deitada para recreo da cámara. En Ons non se derruba piñeiro nin eucalipto, polo que deduzo que non entra na categoría.

Saúdenme sempre

A actividadade que me ocupa máis tempo ao día é pasmar. Pasmar é barato e require un silencio nada molesto para a comunidade.

Vicente Risco

Cando Vicente Risco era alguén...

Ánxel Fole sentaba no Lugo Bar, onda a muralla romana. Tomaba café con persoas interesantes. Un catedrático de grego, un cazador de raposos de Monterroso ou un barbeiro manco. Deixaba o contertulio falar un cacho. Ao cabo dun cuarto de hora, propoñía: «Ben, xa conversamos. Agora imos ver a televisión».
corneta-de-laton-de-estilo-antiguo

Xancín canta o himno de Riego

Este Nadal non puiden ir a Expoconvento, na Coruña. En Lugo estamos presos dun virus. Pero, polo demáis, sinto a alegría de que volverán as tradicións destas datas: o calendario de Advento, a árbore adornada de luces chillonas, os patinadores austríacos na sala e militares cantando ás montañas nevadas.
 
Xan López Domínguez.

Durmir cunha lanterna na mesa de noite

Xosé Cuíña caeu dunha Harley Davidson un día de 1993. Aprendeu "dúas leccións, unha física e outra moral". "A lección física é que mesmo o conselleiro de Política Territorial debe obedecer a lei da gravidade e a lección moral é que ten que estar preparado para caer". Aguantou unha década nas acrobacias sobre dúas rodas da política.
Xavier Seoane

O caldo galego máis saboroso da Patagonia

Eu, con Nietzsche, non podo crer "nun Deus que non baila". Asistín á catequese por decreto paterno, coa fe xa malferida. Naquela adolescencia miña en Ribadeo, pesada como séculos de inocencia, miraba con desconfianza todo bispo chegado de Mondoñedo. Sabía, pola crónica local de Paco Lanza, que nos arrebataran a mitra de Paio de Cebeira no ano 1218.
Manuel Veiga Taboada. EDICIÖNS XERAIS

Un mar é unha casa de merendas

José María Besteiro contoume que o seu pai baixaba os cabalos salvaxes á praia de Foz para desbravalos. Cercábaos ata que se metían no mar da Rapadoira, ata que daban cos fuciños contra as ondas, ata que respiraban coas cabezas frescas encaixadas no salitre. Saían da auga coa lección de Séneca aprendida: "Máis alá de todas as cousas está o Océano"
Salvador Sobral

O conserxe que asomou na trincheira

Mambrú foi á guerra e non volveu. Por Ribadeo explicouse que se metera nunha trincheira de 2 metros de altura. El media 2,08 metros. Adoito aconsellar aos meus fillos que se movan na medianía para ter unha vida longa. Se a túa cabeza sobresae da mediocridade haberá un fusil inimigo que che fure a boca.

O reino que nunca deixamos de ser

Unha vez, fará vinte anos, pregunteille a Xavier Senín polo gran mito galego: a existencia dunhas naves nas que Cultura dá hospicio os libros que ninguén vai ler. Son milleiros de volumes de concepción non desexada. Xavier eludiu contestarme, pero souben que se ocupara de entregalos nas bibliotecas como se fosen galgos rexeitados por cazadores.
Manel Loureiro

Axentes camuflados da poesía secreta

Cando Rafael Diestre cansaba dos monólogos reiterativos da muller marchaba tocar o piano. Ela íalle detrás falando e falando. De súpeto, Carme paraba e preguntaba: "Rafael, estasme escoitando?" O escritor seguía tocando o piano. Carme insistía: "Rafael, estasme escoitando?". "Relativamente, Carme".

Un home que non cansa de sorrir

As nanas, as cancións de amor e as marchas militares explican un país. O Ribadeo dos 80 explícabao Jota, o guitarrista de heavy metal máis virtuoso que deu a vila: "Intenteino coa música clásica. Empezo a escoitala, é agradable; pero sempre me pregunto cando entra a batería", confesaba axitando a melena, agora canosa.
Isaac Díaz Pardo

Berberechos salgados en Pepe do Coxo

As tertulias do Méndez Núñez reunían a intelixencia colectiva de Lugo. Piñeiro, Celestino Fernández de la Vega, Alonso Montero, Tino Grandío, Fole, Ánxel Xohán, Álvaro Gil. Mouriz debuxaba caricaturas deles mentres falaban. Sobre todo, falaba Manuel María. Cando chegaba Pimentel baixaba a voz. "Señores, respecto. Chega o difunto Pimentel"
Camilo José Cela. ARCHIVO

Sabes onde vas comprar o pan?

A Casa do Rebumbio gañaba moitos cartos servindo marisco no verán. Chema do Rebumbio estreaba sorriso e camisa branca cada setembro. Eran os anos 50. Chema alzaba un maletón cheo de mudas e pantalóns ao alto do bus da Empresa Ribadeo. "Onde vas, Chema?". "A Madrid, ver zarzuelas e vedettes!". "Durante canto tempo?" "Durante 35.000 pesetas!"