Manuel Gago
José Sacristán

A lamprea infinita

O problema de querer viaxar a través dos libros a lugares nos que fuches feliz é que se cadra o autor non ve o mesmo ca ti e rematas discutindo con el
Aquiles

Ilíada

Viaxo a Londres para atoparme cos vellos heroes da Ilíada na exposición Troia: mito e realidade do British Museum. Tras máis de trescentas pezas, chego a unha conclusión: Seguimos sen saber onde está Troia, pero estou certo de que nunca deixou de existir.
Novoa

Fitar

As exposicións retrospectivas teñen a habilidade que nos resumen ao que, no fondo, somos: un renglón singular no conto do mundo. Ás veces, como a fadista María Severa, unha marca por descubrir para turistas melancólicos
Mussolini

Secuencias

Antonio Scurati apela na súa monumental novela sobre Mussolini ao criterio e xuízo do lector para avaliar o fascismo. Tal argumento cabal soa ata revolucionario en tempos nos que todo o mundo parece ter a necesidade de adoctrinarte

Xistral

REMATO E COMEZO anos subindo montañas. É un ritual para un mundo de rutinas. Desta volta, ascendo os dondos cumios do Xistral entre cabalos bravos e montes de turba. Aquí están -en realidade, queremos que estean- as orixes de todo
XurxoSouto. EP

O señor que escribiu tal

Volver sobre antigos proxectos literarios pode ser como unha cea de antigos alumnos: unha xuntanza de estraños no que o primeiro que non recoñeces es ti mesmo
La divina comedia

Traidor ou heroe

Percorro o Culturgal convencido de que non hai resposta posible á pregunta que nos facemos todos: É esta feira un espellismo ou é un retrato estraño do país? Só me queda claro que o sector que a mantén non parece disposto a renunciar.

A sombra do que fuches

Subimos ao monte Pindo con setenta persoas para visitar a fortaleza da Moa e celebrarmos o Día Mundial do Patrimonio. Era a primeira vez que se facía un roteiro monográfico deste gran sitio arqueolóxico do occidente galego, que está aínda sen catalogar oficialmente.

Vaticinios

Os suevos seguen de moda, pero volverán ao hiperpoboado limbo dos esquecidos galaicos sen que se lles dedique unha mínima obra de ficción. Pero todos estaremos convencidos de que non se fixo outra cousa neste tempo
bible

Imaxinación sobre imaxinación

Consultorio tecnolóxico Gago. Estes días ando tan estresado que fixen unha cousa e deixei de facer outra. A que fixen foi mercar dúas pantallas que teño conectadas ao meu portátil, estendendo o escritorio. Non descubro a pólvora, como é evidente, pero en asuntos de hixiene persoal íntima —é dicir, o que é un ordenador ou un móbil hoxe en día— a pólvora haina que descubrir sempre por un mesmo
Arturo Pérez Reverte

Petar o timeline

Unha boa técnica de buscar grandes historias na erudición galega está en explorar as notas a rodapé: alí é onde adoitan perderse os grandes relatos do país

A verdadeira mínima historia

Non se preocupen: non me vou comportar como un poeta galego que acaba de descubrir os haikus ou coma un programador cultural que aínda pensa que o rap é moderno. Pero vai unha gabanza das historias mínimas que o tempo limpa e lima ata reducilas a esencia de algún tipo de verdade

Bágoas do mar

Percorro Grecia na procura dunha linguaxe común que vai máis alá das tres ordes arquitectónicas. De patrimonio cultural e obsesións do presente. De bágoas tímidas e mosaicos ocultos.
Beso. EP

Colonias invisibles

Se vostede quere sentirse vello, probe a visitar unha exposición de pintores amados. Se percibe que por primeira vez comprende a señores adobiados con golilla, filósofos andraxosos e beatas insubmisas, é que vai sendo tempo de inaugurar unha nova idade

IMG_0508

Dilatar o estilo

Atraveso o país desde os cantís de Cedeira ata as montañas do Xurés. No camiño, atópome con columnistas que escriben con voz de bebé e con fontes santas ás que os bancos das merendas lles furtan a clientela.

Comboio nocturno

Evan Rail escribe en The New York Times sobre o rexurdir do tren nocturno en Europa. Escoller unha ilustración para encabezar a reportaxe apela ben a ese corazón que debe conectar as boas historias xornalísticas co lector: a experiencia propia

Casaio

Conduzo tres horas de abrente, nun día festivo, ata Casaio, nos confíns de Valdeorras. A aldea está rodeada por canteiras todo ao redor. Aquelas escombreiras salvaxes asustan.

eo

Miserias de oficio

Repaso, case por inercia, os programas electorais de todos os partidos de cara a estas eleccións. Para a miña sorpresa, son aínda máis escasos, carentes de ideas e limitados do agardado. Aínda que numerosas competencias de cultura están transferidas ás comunidades autónomas, o Estado aínda conserva un gran número de entidades vinculadas de xeito máis ou menos directo á cultura. Así que non é escusa.

A rodapé

Numerosas publicacións dos últimos anos tentan explicar as consecuencias do consumo continuo de redes sociais na psique humana. Nesta semana permítanme desvelar unha das menos comentadas e máis abraiantes para min: o presente continuo.

'Atrapa a un ladrón'. AEP

O peor lugar para crear

AO ENTRAR na volta da miña rúa, como sempre unha estraña madalena de Proust. Só acontece á tardiña, cando chego camiñando. Consiste en que me invaden na memoria numerosas lembranzas de paseos e estadías en cidades europeas. Múnich, París, Milán, Londres. Fusiónanse todas nunha única urbe, e lembro máis o meu estado de ánimo de vintañeiro —expectante, curioso, ocioso— que as...
Mongolia

Xeitos de ollar

Creo que a primeira vez que souben sobre Mongolia foi por Mircea Eliade. Souben dun tambor, dun espírito de aguia, dos mortos que se perden na estepa e das árbores centrais. Gocei da mirada tópica, como un turista. Como se coñecera Galicia tan só a través de Lisón Tolosona e Valle Inclán

Yolanda Castaño. AEP

Cando cadra

Reparei esta semana na ausencia de festivais literarios no país. Que sexan tan abundantes e exitosas as homenaxes a figuras literarias mortas e tan escasos os foros de letras contemporáneas revela que os mortos, aínda que ás veces se diga o contrario, son bastante máis doados de acomodar no asento que os vivos.

Eric Vuillard

Cultura aleatoria

O novo pase cultural de Macron procura ampliar os gustos dos adolescentes a través dunha app con modo aleatorio que se enfronte aos poderosos algoritmos do gusto dos mercados americanos da cultura. Sen dúbida, quen deseñou iso, non mercou cultura na vida

Niñas

Area entre os dedos

A adaptación televisiva de A amiga estupenda de Elena Ferrante preserva a sorpresa e a fascinación de cotiás mundos descoñecidos que tiña o libro. Relatos para levar a verdade ao outro xénero que van máis alá da moda do momento

Ceos azul cobalto

O Museo Naval de Ferrol ten unha cantidade incrible de cacharrada técnica que aínda cheira aos aceites de engraxado e memoriabilia friki: desde a sinatura orixinal de Adolf Hitler ata un retrato de 1915 da tripulación dun buque da Armada ao que lle tocou a lotería

Andrea Camilleri.

A risa rebelde

Non cambiaron moito as cousas desde a Idade Media: o máis revolucionario e máis complexo dos xéneros culturais é o da risa. Por iso, se cadra, é tan escaso nas letras e no audiovisual do país

A caravana errante

Nesta ocasión, perdémonos na montaña asturiana. Atopamos con Dorian Grey no Caribe para remedar a novelística española dos 90 e viaxamos na caravana de Fraga, aquel mito dos anos 90

Seta (artigo de Manuel Gago)

Cocidos na Comarca

Ao calor dun lume de carballo, rodeado de urbanitas gastroviaxeiros e veteranos solteiros do rural ulloán, decátome do mellor símil literario para a Galicia contemporánea: a Comarca inventada por Tolkien para a Terra Media