Sábado. 26.05.2018 |
El tiempo
Sábado. 26.05.2018
El tiempo
Mano Negra

"Si, o pai de Manu"

Para as crianzas dos noventa, Mano Negra foi unha brúxula estética nun altermundo que puido ser e non foi nun tempo que nos derrotou

Manifestación polo Día das Letras Galegas. EFE

O chope do Día das Letras

Tal día como este 17 de maio, as redes sociais énchense de bolboretas, xoaniñas e escornabois, de morriñas e luscofuscos, sen vir moito ao caso

Xornalistas en Eurovisión

Eurovisión en vernáculo

ESTES DÍAS, os peregrinos de Fátima cruzan Portugal. Polo medio das autovías, cos chaleques reflectantes de facer a ruta do colesterol, armados de cruces e a paso máis ca lixeiro. Unha ducia e media deles –Santa Maria, mãe de Deus, rogai por nós, rezan o Rosario– camiñou o martes o Parque das Nações que acolle o Altice Arena e o centro neurálxico de Eurovisión 2018 en...

Meigas de Walpurgis

As meigas, ás cabaleirolas de vasoiras e cabras; en carros tirados por gatos como a mesmísima Freia. As netas das bruxas que non puideron queimar pregúntanse nas rúas e nas redes que pasaría se o medo mudase de bando

Cousas da prensa local

Querería velos eu a eles nunha sección de comarcas, a facer fontes nese lugar onde  toman os viños e acoden ás reunións da Anpa

O cuñado e as curmás. EP - Marta Veiga

Mamarracha e teimuda

Cada capítulo de The Royals é coma un videoclip kitsch de cincuenta minutos. Con conspiracións, sexo, drogas, reis republicanos e cuñados vestidos de Marichalar

Primeiro de escandiguai

Antes dos dez anos cheguei a desenvolver unha furia polas suecas que nin Alfredo Landa cando era Fraga ministro de Información e Turismo

'Turnip Fields Forever'. "Se ha desbocao la primavera". EP

A grinch da primavera

Para quen vivimos ao abrigo do microclima da Volta da Viña, a estación chega uns días antes que para as de Garabolos ou As Gándaras

A señora nai de Adam Smith

"Non é da benevolencia do carniceiro, o cervexeiro e o panadeiro de onde obtemos a nosa cea...". Deixe que me dea a risa

Naomi Parker (dereita) e a súa irmá Ada

De súpeto, unha icona

Como adoitou suceder coa construción dos eternos femininos durante os últimos milenios, tamén os homes artellaron a Rosie The Riveter, a muller debuxada nos carteis de 'We Can Do It' en 1943

'No controles'

Un día subimos ao carro para cantar. As de Hombres G. 'No es serio este cementerio', de Mecano, con córeo. E, sobre todo, Olé Olé

A vida en chándal

Nestes tempos da ditadura do 'skinny' e 'slim fit', algunhas prendas de roupa compórtanse como a miña bolacha campurriana de Proust

Aitana War. RTVE

Eurodramas

Os vascos de McGyverlevaban chaleque e bigote. Os eurofáns españois desbotaron a opción de mandar perreo feminista a Lisboa

Un fotograma de 'El Cosmonauta'. EP

O traxe de Tereshkova

Alfredo e Víctor pasáronme hai uns días a ligazón do documental Hard as Indie  ou como todo o que pode saír mal nun proxecto audiovisual acaba por saír mal. El cosmonauta , non sei se lembran, foi unha longametraxe que empezou a xestarse hai agora dez anos e que viña para revolucionar o cine. Os seus promotores,...
O videoclip da túa adolescencia. EP

Ai, Dolores

En clase de inglés xogabas a encher ocos de texto en cancións. Á volta de Nadal, Helen sacou un cedé do bolso. 'No Need to Argue'

Días de merda

O matraquiño dos números non funciona desde que era conselleiro Cochón, pero vas ata alí, por se o ano novo obrou a milagre

'A girl walks home alone at night', un film de Ana Lily Amirpour

Rapazas que camiñan soas

Métese a néboa. Aceléraseche o pulso cando cres percibir que un coche aminora a marcha ao teu paso. Parará? Dirame algo?

Fantasía e tempo

Souben pola edición de Manuel Outeiriño de Las tinieblas de Occidente de Risco que na historia se suceden vagas clásicas e románticas

Protexede a Roi, por favor. RTVE

Sapoconchos

Desde que colocamos a Lucía Pérez en Eurovisión, non se vira unha troleada galega semellante á de Roi en 'Operación triunfo'

Marta Veiga.AEP

Días de imposición

O PRIMEIRO traballo que lle entreguei a Carme Hermida  mereceu un menos oito. Póñoo en letra, porque así dá a impresión de non ser tan embarazoso. A miña estrea cun suspenso final foi en segundo de carreira. Lingua Galega Oral, outra vez con Carme Hermida. Naquela altura, se estabas...