Blogue | O Cabaret Voltaire

Café negro e noces, amargor sobre amargor

A reserva de noces que me fixen para esta primavera non foi a mellor da miña serie histórica. Son cativas, medio mouras e teñen un punto de acidez que ás veces me reconforta e outras me fai xirar a lingua en centrifugado.
SANTIAGO
REAL ACADEMIA GALEGA
SESION PLENARIA EXTRAORDINARIA CO  MOTIVO DO DIA DAS LETRAS GALEGAS.

XOSÉ LUIS FRANCO GRANDE

17052013
FOTO XOSE CASTRO

 APRENDÍN a necesidade de merendar sendo cativo. O meu pai argumentaba que os neandertales non se extinguiron por ter un cerebelo máis cativo, senón por saltarse comidas. Empecei a practicar a merenda pola base, cun pan co chocolate ou con margarina nevada de azucre, que me achegaba a miña nai cando xogaba ao baloncesto. Todavía.

As preocupacións desta primavera son ben outras; son medos que nos veñen de vello. Alessandro Manzoni revisa os caprichos xudiciais que se aplicaron brutalmente co gallo da peste de 1630 en Milán. Os xuíces non buscaron causas médicas, senón forzadamente humanas. Xa na anterior epidemia sufrida pola cidade, en 1576, os delirios apuntaban a que había untadores; enténdase: miserables que se dedicaban a untar as paredes das casas cun veleno para que os inocentes se impregnasen. Nese caso denunciouse que foran axentes franceses para colaborar na loita do seu país na daquela colonia española.


O propósito de causar a peste de 1630 foi menos político. Tratábase de asasinar veciños para saquearlles as casas. Unha testemuña, Caterina Rosa, denunciou que na madrugada do 21 de xuño dese ano viu un home con capa negra e a cara escondida por un sombreiro. Ela viña de espertar e estaba tomando o aire nunha ventá da ponte que había daquela ao principio da rúa Vetra dei Cittadini —onde conduce á carreira da Porta Ticinese, case fronte as columnas de San Lourenzo—. Reparou en que o embozado estaba "facendo como que escribía contra o muro" nun papel ata que "afastou a man e restregou" o veleno que levaba. Engade Catalina a maldade de que "mentres se dedicaba a untar, chovía, e ben se ve que escollera o tempo chuvioso para que máis persoas se ensuciasen a roupa polo unto, ao ter que andar polas rúas rozando muros". O pintor de pestes escapou, pero atopara no camiño de fuxida un comisario de Sanidade. Como "amigo" do criminal, o comisario foi encausado e torturado.

Había maiorías convencidas de que a "influenza spagnola" fora causada por un virus fabricado polas autoridades para lograr un control de poboación

Pasaron cinco séculos dende esa epidemia, avanzaron a ciencia e máis a cultura, pero non paran de chegarme mensaxes aparentemente ben armadas sobre bechos escapados de laboratorios de Wuhan coa lixeireza de narcos despegando en helicóptero de patios carcerarios. Dende un punto de vista literario, a idea é máis suxerente que un vello sorbendo sopa de morcego nun zoco chinés cotroso e ateigado de animais raros.

As invencións son un continuum de todo tempo e lugar. Volvo a Italia. Leonardo Sciascia conta que había maiorías convencidas de que a "influenza spagnola" que arrasou o país tras a Gran Guerra do 14 fora causada por un virus fabricado polas autoridades para lograr un control de poboación que lles quedara a medio executar nos campos de batalla. O conflito rematara demasiado cedo. Cada membro do goberno italiano dispoñía dunha mostra do veleno para poder usala ao seu criterio e dun antídoto para salvar a quen considerase digno. Cando morría algún ministro dicíase que non era por aquela gripe de orixe hispana, senón porque "se equivocara de frasco".

Ás veces, a orixe dunha enfermidade mortal non se atribúe a un organismo ínfimo creado nunha alquimia; senón a unha ideoloxía, como fan algúns disidentes agora. Estes lobos prefíroos como os imaxinaba Cunqueiro en Auto de San Froilán, unha comedia relixiosa que propuxo escribir aos "poetas de Lugo". "Sería bueno que la gente viese al santo dialogar con el lobo y llevarlo a la convivencia".

Os métodos de erradicar pandemias ideolóxicas eran os mesmos que os aplicados nas biolóxicas. Pasou en Milán en 1576 e en Vigo no 1972. Franco Grande escribe que nese ano "o mundo obreiro vigués padeceu a máis grande represión da súa historia. Nunca tanto se torturou, xamais se perseguiu o home como unha presa, e eu non lembro que nunca durmira con máis intranquilidade". O avogado e escritor, que vén de finar, lembra que "Méndez Ferrín estaba detrás ou dentro, eu non o sei con exactitude, daquel mundo sindical". Un día Ferrín manda aviso a Xosé Luís Franco Grande de que está agochado porque a policia franquista anda tras del. Quere saber "se presentarse ao xulgado, se á policía, se pasar a fronteira, se agardar". Deciden esperar porque teñen "noticias de que as torturas son producidas por especialistas denominados no argot policial ‘gorilas’, que recorren as poboacións de España en conflito, coas súas maletas cos aparatos de torturar e que se van cando o conflito mingua". Ao cabo Ferrín vai a un xulgado canda o seu defensor, aínda que ignora o delicto que lle imputan. Queda libre.

—Amigo Franco Grande, sinto ben por ti, que non poderás ir lucirte ao Tribunal de Orden Público.

Cunqueiro afirma que Jean Jacques Rousseau sabía distinguir unha gran familia de cogomelos, as entolomas lívidas.

Álvaro Cunqueiro era descreído de embadurnadores, ministros italianos seguidores de Malthus e visitadores con maletín de tormentos. Para él o herexe era o envelenador ideal. En El viaje al bosque, un artigo publicado en El Progreso en 1956, afirma que Jean Jacques Rousseau sabía distinguir unha gran familia de cogomelos, as entolomas lívidas. Sendo un rapaz saíu buscalas con varios amigos. Daquela, Xenebra aínda pechaba as portas da muralla no entre lusco e fusco. "Fue la última ciudad europea que dejó de hacerlo, en 1854".

Rousseau andaba entretido no bosque indicando aos compañeiros os cogomelos que podían coller sen medo, cando o ceo escureceu. Non puideron entrar na cidade pechada e, á mañá, Jean Jacques non se atreveu, polo que empezou a súa rodaxe polo mundo aberto. Segundo Cunqueiro, a entoloma lívida "no fue venenosa hasta que se avecindó en los campos y bosques de la triste ciudad, más hipócrita que herética, del sombrío Calvino".

Comentarios