Sete anos e medio de cárcere por intentar matar o seu exjefe dun machadazo

A Audiencia condena o acusado, veciño da Estrada, ao abono de máis de 65.000 euros á vítima, á que deixou incapacitada
O condenado, durante o xuízo celebrado en outubro na Audiencia de Pontevedra. GONZALO GARCÍA
photo_camera O condenado, durante o xuízo celebrado en outubro na Audiencia de Pontevedra. GONZALO GARCÍA

A sala segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a Erundino P., veciño da Estrada, a unha pena de sete anos e medio de cárcere, ademais da o pago de indemnizacións que superan os 60.000 euros, logo de intentar acabar coa vida do que fora o seu xefe nas inmediacións dun establecemento de hostalería da vila dun fortísimo machadazo.

"Sen mediar palabra e con total desprezo pola vida da vítima, deulle un machadazo que impactou non seu antebrazo esquerdo, cando o ergueu para tratar de protexer a cabeza e a cara do golpe", detalla o xuíz no seu ditame

Os feitos, segundo detalla o ditame, producíronse hai catro anos exactos: o 8 de decembro de 2015. Acusado e vítima, que mantiñan malas relacións despois de que o segundo despedise o primeiro (dixo no xuízo que non tiña aptitudes para o traballo), concertaron un encontro no citado lugar. A vítima, que se achaba no bar, saíu do mesmo ao encontro do acusado, que "aproveitou para saír do seu vehículo cunha machada das denominadas portuguesas, que carecen de contrafío, e, sen mediar palabra e con total desprezo pola vida da vítima, deulle un machadazo que impactou non seu antebrazo esquerdo, cando o ergueu para tratar de protexer a cabeza e a cara do golpe", detalla o xuíz no seu ditame.

Ademais das indemnizacións, o agresor non poderá achegarse á vítima durante os seguintes dez anos

As lesións producidas froito do impacto foron moi graves. Ademais dos 82 días que precisou para a súa curación, quedou incapacitado de forma permanente para o exercicio da súa profesión (madeireiro).

O procesado explicou no xuízo que non recordaba ben o ocorrido aquel día, sen moitas máis explicacións, o que non convenceu o tribunal, que entende que a intención do agora condenado non era só a de lesionar, senón a de acabar coa vida da súa exjefe.

Ademais das indemnizacións, o agresor non poderá achegarse á vítima durante os seguintes dez anos.