Imprimir

As nubes farán acto de presencia na entrada da ponte da Constitución en Galicia

Redacción | 05 de diciembre de 2019

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso

O venres o anticiclón retírase algo cara ao leste o que permitirá a entrada de nubes de tipo medio e alto. Así, os ceos permanecerán parcialmente cubertos durante toda a xornada, con bancos de néboa nas primeiras horas.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, aínda con xeadas na provincia de Ourense, mentres que as máximas quedarán sen cambios ou en lixeiro descenso. O vento soprará moi frouxo de compoñente oeste.

Meteogalicia

Podes ver este artigo na próxima dirección /gl/articulo/noticias/as-nubes-faran-acto/20191205233807069875.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)