Aumentan os casos activos e as hospitalizacións por coronavirus en Galicia

Ourense continúa sendo a provincia que máis está a sufrir a incidencia do covid
Una mujer con mascarilla en Burela. EUROPA PRESS
photo_camera Unha muller con máscara en Burela. EUROPA PRESS

Galicia rexistrou un total de 254 novos positivos por covid-19 confirmados por PCR nas últimas 24 horas, deles 86 na área sanitaria de Ourense e 41 en Santiago e outros 51 na Coruña.

Segundo os datos actualizados na web da Consellería de Sanidade actualizados na mañá deste mércores con datos recolleitos ata as 18,00 horas do martes, o resto de áreas sanitarias contabilizaron nas últimas 24 horas 26 positivos máis en Vigo; 21 na de Pontevedra e O Salnés; 16 en Ferrol e 13 na de Lugo.

En canto aos casos activos, ascenderon con respecto ao martes a 4.601, o que supón 91 máis na Comunidade galega e os pacientes curados incrementáronse a 22.277, que implican 154 máis.

Por áreas sanitarias, a de Ourense conta con 1.605 casos activos (+42 con respecto ao martes); a da Coruña ten 765 (+20); Santiago, 628 (+4); Vigo, 512 (+16); Pontevedra, 469 (sen cambios); Lugo, 475 (dous menos); e Ferrol, 147 (11 máis).

Ata a data faleceron 797 persoas, das que as últimas 11 vítimas foron notificadas este martes. Ademais das mortes de catro persoas relacionadas con residencias de maiores da provincia de Ourense das que a Xunta informou na mañá deste martes, ao longo da xornada notificáronse outros sete falecementos –tres tamén relacionados con residencias– de persoas que foran diagnosticadas con coronavirus.

A Comunidade galega rexistrou ata a data 27.675 contaxiados por covid-19 e realizou 560.887 PCR –fronte ás 556.927 do martes– e 364.292 probas serolóxicas.

HOSPITALIZACIÓNS. Os pacientes con coronavirus ingresados en Galicia aumentaron a 259, o que supón nove máis que os deste martes, deles 41 en Unidade de Coidados Intensivos (Uci) –un máis que hai 24 horas– e 218 noutras unidades de hospitalización –oito máis–.

Segundo a información actualizada na web da Consellería de Sanidade na mañá deste mércores, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco soben a 87 os pacientes con covid-19 ingresados, deles 11 en Uci. As persoas curadas soben a 3.218 e as PCR realizadas a 64.517.

Na área da Coruña e Cee baixan a 50 os pacientes con covid hospitalizados, deles 45 en planta e cinco en Unidade de Coidados Intensivos. Ata a data rexistráronse 6.253 altas e contabilízanse 134.248 PCR realizadas.

Mentres, na área de Santiago e Barbanza os pacientes con covid-19 ingresados increméntanse a 41, deles nove en unidade de críticos –dous máis–. Ata a data curáronse 3.642 persoas e realizáronse 87.539 PCR.

Na área de Vigo aumentan a 28 os pacientes con covid-19 hospitalizados, deles oito seguen en Uci. Ata o momento curáronse 3.261 persoas e realizáronse 108.161 PCR.

Pola súa banda, na área de Lugo, A Mariña e Monforte as persoas con coronavirus ingresadas soben a 31, deles cinco en Uci e 26 noutras unidades de hospitalización. Ata o momento curáronse 2.890 persoas e realizado 66.165 PCR.

A área de Pontevedra e O Salnés rexistra 17 persoas ingresadas con covid –unha máis–, delas 14 en planta e tres en Uci. Ata a data curáronse 1.973 pacientes desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 e realizáronse 52.033 PCR.

E na área de Ferrol os hospitalizados con covid mantéñense en cinco, ningún deles en unidade de críticos. Ata a data curáronse 1.040 persoas e realizado 38.228.

Comentarios