A banca pechou 136 oficinas en Galicia en 2019, case unha décima parte do total

Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Usuario de un cajero. ARCHIVO

A banca pechou 136 oficinas en Galicia ao longo do ano 2019, un 9,12% da rede total de sucursais na comunidade, segundo datos do Banco de España.

As entidades de depósito españolas clausuraron en todo o Estado 2.160 oficinas no pasado exercicio, o que supón unha diminución do 8,3% da rede. É a maior redución en termos porcentuais desde que en 2013 se efectuou un recorte do 11,5%, co peche de 4.376 sucursais.

Segundo reflicte a última estatística publicada polo Banco de España, en España pecháronse de media seis oficinas por día en 2019, ata finalizar o ano en 23.851 sucursais. Estas cifras inclúen a reestruturación de oficinas de Santander tras integrar Banco Popular e o plan estratéxico de CaixaBank.

Na última década, o número de sucursais bancarias operativas en España reduciuse un 45,9% ou, o que é o mesmo, en 20.234 oficinas, situándose o total en mínimos de hai 40 anos. A rede alcanzou o seu pico máis alto en 2008, con 45.662 oficinas, un 47,7% máis que agora.

Por comunidades autónomas, o maior recorte en termos absolutos experimentouno Cataluña, con 360 oficinas menos no ano 2019. Seguírona Andalucía, con 330 peches; Comunitat Valenciana, con 227 oficinas menos; Madrid, con 224 menos; Castela e León, cunha redución de 214, e Galicia, con 136.

Segundo os datos do Banco de España, ao peche de 2019 había 195 entidades de depósito (114 españolas e 81 estranxeiras), tres menos que un ano antes.

Comentarios