Catro persoas resultan feridas tras o ataque dun can en O Bolo

Tres dos afectados presentan un estado de gravidade
Imagen de un mastín. EP
photo_camera Imagen de un mastín. EP

Catro persoas resultaron feridas, tres delas de gravidade, ao ser atacadas por un can no concello ourensán do Bolo, segundo infroma a Axencia de Emerxencias.

Unha delas tivo que ser evacuada polos servizos sanitarios en helicóptero medicalizado.

Segundo informa a TVG, os feitos ocorreron na parroquia de Valdanta. O animal, un mastin propiedade da familia, abalanzouse sobre as persoas, dúas irmáns, o mozo dunha delas e unha veciña.

En canto ás actuacións que se están levando a cabo, a patrulla do Seprona desprazouse ata a zona e xa localizou ao animal, pero aínda non o capturou. Para estes labores os axentes desprazados usan un lazo e tratarán de anestesiarlo para levalo a unha canceira, segundo manifestou Protección Civil do Bolo.

As forzas da orde seguen no punto intentando capturar ao animal.