Imprimir

Cazan in fraganti un home que intentaba plantar lume nun monte de Cangas

Axencias | 20 de septiembre de 2020

Axentes ambientais da Consellería de Medio Ambiente sorprenderon "in fraganti" pasadas as 20.00 horas do sábado un home que estaba a prender lume na parroquia de Coiro, en Cangas, segundo informou este domingo a Xunta nun comunicado. 

De feito, grazas a esta alerta e á rápida intervención dos Servizos de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais —que mobilizaron un axente, dúas brigadas e unha motobomba—, o incendio só afectou a unha superficie aproximada de catro metros cadrados de monte raso

Avisados tamén dos feitos, membros da Garda Civil desprazáronse ata o lugar para tomarlle declaración ao incendiario.

Podes ver este artigo na próxima dirección /gl/articulo/galicia/cazan-in-fraganti-home-intentaba-plantar-lume-nun-monte-cangas/20200920235428084666.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)