Imprimir

Os ceos estarán despexados este venres en Galicia

Redacción | 03 de septiembre de 2020

As temperaturas mínimas continuarán ascendendo, mentres que as máximas non cambiarán

As altas presións atoparanse durante esta xornada ao norte dos Azores e dende esa posición continuarán achegando estabilidade e aire cálido procedente do sur. Deste xeito o ceo estará en xeral pouco nubrado ou despexado, aínda que nos litorais de Lugo e A Coruña teremos algunhas nubes baixas e néboas costeiras que pola tarde poderían afectar tamén a puntos das Rías Baixas.

As temperaturas mínimas continuarán ascendendo, mentres que as máximas non cambiarán polo que a sensación seguirá sendo de calor pola tarde. Os ventos estarán en calma durante a mañá, tomando compoñente norte pola tarde.

clima

Podes ver este artigo na próxima dirección /gl/articulo/noticias/ceos-estaran-despexados-venres-galicia/20200903202743083906.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)