Os ceos nubrados serán unha constante este venres en Galicia

As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso

Mañá agárdase a chegada dunha nova fronte pouco activa ao oeste de Galicia. Con esta situación, teremos os ceos moi nubrados no oeste, con chuvascos na primeira metade do día, e ceos pouco nubrados no leste da Comunidade.

As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados na costa e máis frouxos no interior.

meteogalicia

Comentarios