Chega a fin de semana, o bo tempo marcha

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso

O venres Galicia perderá a influencia anticiclónica debido á chegada dunha fronte asociada a unha borrasca situada ao oeste de Islandia.

Polo tanto, agárdase un progresivo aumento das nubes, con chuvias febles na franxa atlántica. Á noite as chuvias serán xeneralizadas.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará moderado de compoñente sur.

Meteogalicia

Comentarios