Unha colisión entre dous turismos en Vigo sáldase cunha muller excarcerada

O sinistro tivo lugar en Zamáns, uns minutos antes das 14:20 horas
Os dous coches implicados na colisión en Vigo. CEDIDA
photo_camera Os dous coches implicados na colisión en Vigo. CEDIDA

Unha muller precisou ser excarcerada logo de producirse unha colisión entre dous coches en Vigo.

O sinistro tivo lugar en Zamáns, no punto quilométrico 8 da PO-331, uns minutos antes das 14:20 horas.

Foi unha persoa particular quen alertou do accidente ao 112 Galicia e, nada máis recibir o aviso, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vigo, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada.

Unha vez excarcerada polos Bombeiros de Vigo, a muller foi trasladada polos servizos sanitarios a un centro médico.