A costa galega, entre as favoritas do veraneante español

Os destinos máis solicitados son Andalucía e a Comunidade Valenciana, seguidos de Galicia e Canarias
Los gallegos podrán disfrutar de una jornada más de playa
photo_camera Playa. EP

Xullo e agosto son os meses máis esperados polos españois, que á hora de descansar e pasar tempo en familia prefiren quedar na península para veranear nas praias de Galicia, Levante e Andalucía.

Segundo o estudo Radiografía del Veraneo de los españoles 2019 da compañía de investigación Toluna, Canarias é outro dos destinos preferidos polo 71% de españois, que prefiren pasar o verán na praia.

Os destinos máis solicitados son Andalucía (27%) e a Comunidade Valenciana (12%), seguidos de Galicia e Canarias, cun 9%, segundo este estudo.

Á hora de planear as vacacións de verán, a enquisa sinala que un 71% de españois declara aforrar durante todo o ano para esta época de descanso, que adoitan gozar en agosto (58%) máis que en xullo (20%) ou setembro (17%).

De media, os españois empregan dúas semanas de vacacións cun orzamento de 1.291 euros, e só o 28% dos cidadáns optan por unhas vacacións no exterior, normalmente en países veciños como Italia, Francia e Portugal.

Fronte á opción maioritaria dun verán na praia, o 29% dos españois prefire a montaña.

A dixitalización influíu notablemente á hora de reservar o destino. Segundo Toluna, a web Tripadvisor é consultada por un 62% de españois nesta época, e Booking é a plataforma de internet favorita dun 45 por cento dos enquisados.

Dispor de internet nas vacacións é un factor indispensable para o 70% dos cidadáns, xa que máis do 41% de españois dedícase a actualizar constantemente as súas redes sociais, fronte a un 11% que prefire desconectar.

O descanso é algo primordial para un de cada catro españois, que afirma dedicar o seu tempo a "non facer nada", fronte ao 3% que dedica os seus días libres exclusivamente a saír de festa, ou ao 48% que pasa o tempo en familia e o 37% coa parella.

Comentarios