Desmantelan unha rede criminal especializada en roubos polo método do butrón en Galicia

Aos detidos atribúenselles máis de 50 asaltos en polígonos industriais

A Policía Nacional e a Garda Civil desmantelou un grupo criminal especializado en cometer roubos polo método do butrón en polígonos industriais de toda Galicia. 

Segundo datos avanzados polo Ministerio do Interior, no transcurso da investigación conxunta interviñéronse "ferramentas sofisticadas" que utilizaban para cometer este tipo de delitos e recuperáronse numerosos efectos subtraídos. 

Aos arrestados, procedentes de países do Leste, atribúenselles máis de 50 roubos cometidos en demarcación da Policía Nacional e da Garda Civil. 

Os resultados desta investigación conxunta serán presentados este mércores ás 12.00 horas nunha comparecencia conxunta de ambos os corpos de seguridade no complexo da Policía Nacional de Lonzas na Coruña. 

Comentarios