Estrella Galicia reúne a Los Enemigos para cantar 'La cuenta atrás' e animar a voltar aos bares

Josele Santiago modifica a letra do mítico himno da banda para unha nova versión do tema en apoio á hostalaría
Los Enemigos, nun momento do vídeo.YOUTUBE
photo_camera Los Enemigos, nun momento do vídeo.YOUTUBE

Estrella Galicia iniciou este martes unha campaña de apoio á hostalaría na que reúne ao grupo madrileño Los Enemigos para adaptar o seu tema La cuenta atrás e que se convirta en "todo un himno" para animar aos consumidores a volver aos bares.Segundo informa a empresa cervexeira, a banda de rock reversiona así a súa propia canción para adecuar a súa letra a esta situación de "conta atrás" no proceso de recuperar a actividade nos bares. En concreto, a estrea foi a través da canle de YouTube de Estrella Galicia.

Josele Santiago xa era "a voz da resistencia" na campaña de Estrella Galicia, polo que "el mesmo se ofreceu a modificar a letra da súa mítica canción La cuenta atrás para brindar unha mensaxe de forza, agarimo e optimismo a todos os que entenden que un bar é algo moito máis grande que un local onde tomar unhas cervexas", indica a compañía.

"Para nós é un soño ter esta oportunidade. Tentei trasladar á letra á metáfora da nosa sociedade, que sae dunha enfermidade. Estou moi agradecido. É moi interesante que algo que se creou como rabecha de adolescente converteuse nunha mensaxe para axudar un pouquiño á sociedade", expresa Santiago. 

Comentarios