Imprimir

Evacuada en helicóptero unha bañista que tivo que ser rescatada en Boiro

jmendez | 22 de agosto de 2016

O servizo de socorristas da praia Ribeira Grande sacou á vítima da auga

Unha bañista tivo que ser trasladada ao hospital en helicóptero tras ser rescatada da auga na praia Ribeira Grande do municipio coruñés de Boiro, en Cabo de Cruz. Segundo informou o servizo de urxencias 112 Galicia, o suceso produciuse ao redor das 18.00 horas.

A muller foi sacada do mar polo servizo de socorrismo do areal. Acababan de trasladala á area cando chegou o helicóptero medicalizado, que se encargou da súa evacuación nunha intervención na que colaboraron a Policía Local e Protección Civil.

Podes ver este artigo na próxima dirección /gl/articulo/sucesos/evacuada-en-helicoptero-unha-muller-desde-un-areal-de-boiro/20160822202808005643.html


© 2021 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 37 B 2ºC Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)