Evacuados tres tripulantes dun veleiro que quedou sen temón na costa de Oia

Unha das persoas rescatadas levara un golpe durante a navegación
El helicóptero Pesca I. GARDACOSTAS
photo_camera O helicóptero Pesca I. GARDACOSTAS

Tres dos catro tripulantes dun veleiro tiveron que ser trasladadas no helicóptero Pesca I de Gardacostas ao Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo, despois de que a embarcación perdese o temón e quedase á deriva con mal tempo a media milla de Oia.

Segundo informan a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo, o veleiro Lea María emitiu un o aviso sobre as 17.30 horas da tarde deste venres, no que incidaba que as condicións meteorolóxicas na zona eran "bastante malas", con ondas de 2,5 metros e ventos de 22 nós. 

Ademais, o alertante indicaba que un dos tripulantes levara un golpe. Así, desprazouse até o punto o helicóptero de Gardacostas Pesca I, que desprazou ao ferido e a outras dúas persoas até o Hospital Álvaro Cunqueiro. 

Seguidamente, chegou ao lugar a Salvamar Mirach para efectuar os labores de remolque do Lea María, co cuarto tripulante a bordo, até o porto de Cangas.