Feijóo promete gobernar para todos e pór Galicia sempre por diante

Agradeceu aos seus colaboradores e a súa familia toda a axuda, así como aos seus adversarios Ana Pontón e Gonzalo Caballero
Alberto Núñez Feijóo. EFE
photo_camera Alberto Núñez Feijóo. EFE

O presidente en funcións da Xunta e candidato á reelección polo PP, Alberto Núñez Feijóo, prometeu esta noite que vai gobernar para todos" incluso para os que non lle votaron aos que dixo que teñan a "tranquilidade e seguridade" de que sempre porá a Galicia por diante.

Na súa comparecencia tras coñecer os resultados finais, unha maioría absoluta de 42 deputados que supera nun escano as das dúas últimas lexislaturas, brindou este triunfo "a todo o PP de España" e en concreto ao seu presidente, Pablo Casado, e asegurou que vai contribuír desde Galicia < strong>"gobernabilidade" de España.

Feijóo compareceu, nun hotel nas inmediacións da sede do PPdeG en Santiago, ante un atril no que se cambiou a lema de campaña Galicia, Galicia, Galicia por Grazas, grazas, grazas, e agradeceu aos seus colaboradores e a súa familia toda a axuda, así como aos seus adversarios Ana Pontón e Gonzalo Caballero e ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, pola súa felicitación.