Unha femia de calderón vela á súa cría falecida durante días na costa do Grove

"Estas imaxes falan por si mesmas da enorme complexidade emocional e os fortes lazos sociais que existen nos cetáceos", explica o BDRI
A femia de calderón empuxando o corpo sen vida da súa cría. BDRI
photo_camera A femia de calderón empuxando o corpo sen vida da súa cría. BDRI

O Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI) publicou este martes unhas impactantes imaxes protagonizadas por unha femia de calderón gris que acompaña o corpo sen vida da súa cría na costa do Grove.

Tras facerlle un detallado seguimento, o equipo de investigación puido constantar que a femia de calderón non se separou da súa cría durante, polo menos, cinco días, tempo no que o cetáceo renunciou a alimentarse.

"Estas imaxes falan por si mesmas da enorme complexidade emocional e os fortes lazos sociais que existen nos cetáceos", explica o BDRI nunha publicación en Facebook na que se pregunta se estes animais comparten "aspectos do concepto humano da morte".

"Estas imágenes hablan por sí mismas de la enorme complejidad emocional y los fuertes lazos sociales que existen en los cetáceos", explica el BDRI en una publicación en Facebook en la que se pregunta si estos animales comparten "aspectos del concepto humano de la muerte".

Comentarios