Ferida unha muller en Vigo ao caer dun andamio ao que subiu para buscar ao seu gato

A caída produciuse desde un segundo piso debido á inestabilidade da infraestrutura
Ambulancia do 061. ARQUIVO
photo_camera Ambulancia do 061. ARQUIVO

Unha muller resultou ferida e necesitou asistencia médica este domingo en Vigo tras caerse dun andamio, ao que subira para intentar atrapar ao seu gato, que se escapou de casa. 

Os equipos de urxencias indicaron ao 112 que, debido á inestabilidade do andamio, a muller caeu desde un segundo piso e sufriu varias lesións

Varios particulares, testemuñas do ocorrido, chamaron para pedir axuda ao redor das 13.00 horas. O 112 pasou o aviso aos servizos sanitarios, á Policía Local e a Protección Civil da cidade.

Comentarios