A folga de pilotos de Vueling afecta a dous voos na Coruña 

O paro obrigou a cancelar a un total de 120 traxectos en toda España

Un avión de vueling. EP
photo_camera Un avión de vueling. EP

A folga de pilotos de Vueling convocada para os días 3 e 4 de maio afecta este xoves a dous voos que operaban no aeroporto coruñés de Alvedro. 

Segundo informaron fontes da compañía aérea, o primeiro voo afectado este xoves é o VY1294, que tiña programada a saída ás 15.30 horas de Barcelona e a chegada ás 17.10 a Alvedro. Pola súa banda, tamén foi cancelado o VY1295, con saída da Coruña ás 17.50 horas e chegada a Barcelona ás 19.30 horas. 

Vueling destacou que, co obxectivo de que o paro cause os menores incovenientes aos seus clientes, procedeu a cambiar as reservas aos primeiros voos dispoñibles tras avisar aos afectados. 

120 VOOS CANCELADOS EN ESPAÑA. A compañía cancelou un total de 120 voos programados para este xoves en toda España. De face a este venres, último día dos catro de folga convocados, canceláronse 112 voos, e o Aeroporto de Barcelona é o máis afectado en ambos os días, tanto en orixe como en chegadas, xa que é onde Vueling ten a súa principal base.