Imprimir

Galicia experimentará un descenso de temperaturas agás nas Rías Baixas

Redacción | 10 de agosto de 2020

Mapa do tempo para este luns. METEOGALICIA
Mapa do tempo para este luns. METEOGALICIA
A xornada comezará con nubes no ceo, que se irán retirando ao longo do día

Este luns Galicia seguirá coa influencia das altas presións e con algo máis de humidade que na xornada anterior. A xornada comezará con ceos nubrados e choiva moderada no norte de Lugo e A Coruña, aínda que ao longo do día as nubes iranse retirando. 

As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso salvo nas Rías Baixas, onde as máximas ascenderán lixeiramente. O vento, de compoñente norte, soprará frouxo.

Podes ver este artigo na próxima dirección /gl/articulo/noticias/galicia-experimentara-descenso-temperaturas-agas-nas-rias-baixas/20200810005551082957.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)