Vídeos

Impresionante rescate dun esquiador en Francia

As imaxes do rescate dun esquiador francés, no que o piloto de helicóptero coloca a aeronave contra a neve en modo suspendido cunha impresionante e arriscada manobra, viralizáronse nas últimas horas. No vídeo obsérvase como as hélices do aparello e a súa parte frontal quedaron a uns centímetros da ladeira, de modo que os tripulantes puideron baixar, atender e posteriormente evacuar o ferido. Un traballo impecable, o da xendarmería francesa, para o que tamén está preparada a Garda Civil, como demostrou coa publicación na súa conta de Twitter do vídeo dun ensaio dunha operación moi similar.