Vídeos

O insólito paseo dun par de pingüíns por un acuario pechado polo covid-19

O paseo dunha parella de pingüíns polo acuario Shedd de Chicago converteuse en viral. Co centro pechado aos visitantes como medida de prevención ante a epidemia de coronavirus, os coidadores soltaron os animais para que, por unha vez, fosen eles o público. A súa curiosidade e interese foi captado polas cámaras e a gravación xa acapara millóns de reproducións.