John Frusciante regresa a Red Hot Chili Peppers 

O guitarrista volve á banda californiana dez anos despois da súa marcha
John Frusciante, en 2007. EFE
photo_camera John Frusciante, en 2007. EFE

Dez anos despois da súa marcha, o guitarrista John Frusciante volve a Red Hot Chili Peppers en substitución de Josh Klinghoffer -quen á súa vez o substituíu a el en 2009-. 

Así o confirma a banda californiana nun breve comunicado recollido por Europa Press, no que dan as grazas a Klinghoffer polo seu labor durante a última década. 

"Josh é un músico marabilloso a quen respectamos e amamos. Estamos profundamente agradecidos polo noso tempo con el e os incontables agasallos que compartiu connosco", apunta o grupo. 

E logo engade: "Nós tamén anunciamos con gran emoción e corazóns plenos, que John Frusciante reincorpórase ao noso grupo". 

Frusciante é o guitarrista máis querido polos fans da banda, pois con el crearon as súas obras máis celebradas en discos como Blood sugar sex magik (1991) ou Californication (1999). 

Comentarios