Unha Lager de inverno, a nova proposta de Estrella Galicia para este Nadal

Os mestres cervexeiros de Estrella Galicia presentan unha nova receita coa que pretenden acompañar aos consumidores durante os próximos meses. A tradicional Estrella de Nadal evoluciona para presentarse nesta ocasión como Lager de inverno, máis cálida e intensa que en ocasións anteriores.

A nova Estrella de Nadal emprega na súa elaboración os ingredientes que xa son aceno de identidade da casa, como o lúpulo Nugget 100% galego e incluso, por primeira vez, malta torrada procedente do cultivo de cebada en Galicia.

Luis Alvar, mestre cervexeiro de Estrela Galicia, sinala que "o noso obxectivo era dar un xiro á nosa tradicional Estrela de Nadal e presentar unha cervexa de inverno na que se respectasen ao máximo os matices que achegan o lúpulo e a malta de cebada de orixe galega. Conseguimos esta evolución baixo un esquema de elaboración tradicional, pero incorporando a técnica do whirlpool hopping co lúpulo Nugget".

O resultado é unha cervexa de inverno, ou Christmas Lager, de gran complexidade e intensidade, na que destacan o seu ton caoba e os aromas tostados achegados polas maltas, con matices florais procedentes do lúpulo.

Cun volume alcohólico de 6,6º, a Estrela de Nadal é unha lager saborosa e de amargor moderado na que se aprecian lixeiras notas florais e especiadas. é unha cervexa moi versátil gastronómicamente que marida á perfección con produtos de tempada como os cogomelos.

Comentarios